Has elegido la edición de . Verás las noticias de esta portada en el módulo de ediciones locales de la home de elDiario.es.
La portada de mañana
Acceder
Israel abre otro conflicto con España por hablar de genocidio en Gaza
¿Ha tocado 'techo' el crecimiento de la economía española?
Opinión - Exclusivo para socios El rompecabezas de ERC. Por Neus Tomàs
Sobre este blog

Este blog es el espacio de opinión y reflexión de elDiario.es en Galicia.

Chamamento á cidadanía demócrata

Mobilización de Nunca Máis contra a xestión da catástrofe do 'Prestige' en decembro de 2002

3

A pestilente executoria anticonstitucional dos partidos españois das dereitas extremas, coa decisiva colaboración dos seus cómplices nos grandes grupos mediáticos e mais nas altas instancias das institucións do poder xudicial, embarcados todos eles nunha porca guerra sediciosa de acoso e derrubo contra o actual goberno lexitimado por unha maioría progresista nas Cortes do Estado, vén de acadar o seu paroxismo.

Despois de máis dun lustro de ensaios previos cun CGPJ secuestrado, as fake news deseñadas con vocación de orballo, a destrución planificada de referentes políticos da esquerda ou o acoso por terra, mar e aire de gobernos municipais e autonómicos, semella que entramos nunha escalada bélica imparable que ten por obxectivo pór en cuestión a nosa democracia. A historia non se repite, pero ten vasos comunicantes na espiral que nos conecta co pasado, e nos últimos tempos estásenos a pór cara de República de Weimar.  

Vivimos dende hai anos instalados no esperpento de Valle-Inclán nunha deformación da realidade onde o grotesco é a voz de cada día e a ocultación do relevante constitúe o modus operandi, por iso compre falar con claridade.

Despois de non ter conseguido o seu obxectivo pola vía electoral en xullo do 2023 está en curso un golpe de estado á portuguesa que, no Reino de España, non pretende tan só acabar coas actuais políticas progresistas a prol da maioría social, senón baleirar definitivamente de contido as normas constitucionais que estatúen os dereitos e liberdades democráticas da cidadanía e mais os preceptos que garanten das mesmas.

Conseguirían así aqueles que o impulsan, reinstaurar un réxime totalitario de facto disfrazado de maioría absoluta exercida como partido único, nunhas cámaras de representantes nas que a cidadanía democrática, carecería de representación efectiva para a defensa dos dereitos do común cidadán.

Coa colaboración do partido neo-nazi nomeado Vox, esta viría ser unha versión ditatorial que iría máis aló da onda reaccionaria dos gobernos do PP presididos por M. Rajoy após as eleccións de 2011; unha baixada sen retorno aos infernos do franquismo sociolóxico medio século despois do seu remate formal, con monifates ignaros á fronte das institucións, simples monecos de ventrílocuo do auténtico poder oculto detrás da tremoia política.

Perante esta gravísima situación crítica, só o exercicio pola cidadanía da soberanía democrática da que ela é titular, é dicir, da democracia participativa, pode impedir a catástrofe social e política que as forzas antidemocráticas tentan provocar.

É por iso que nós, con toda a modestia e humildade, e a consciencia plena da nosa cativa dimensión política e as nosas modestas forzas, mais tamén con toda a teimosa enerxía das loitadoras e loitadores que nunca desertan, facemos un chamamento a toda a cidadanía demócrata a mobilizarse xa, en todas as formas e por todos os medios ao seu alcanzo, contra os que enmerdan a política institucional, boicotean as políticas progresistas, difaman e calumnian a quen as executan, e pretenden confinar a cidadanía toda do estado español nun campo de concentración virtual.

Sobre este blog

Este blog es el espacio de opinión y reflexión de elDiario.es en Galicia.

Etiquetas
stats