Has elegido la edición de . Verás las noticias de esta portada en el módulo de ediciones locales de la home de elDiario.es.
Autores

Patricia A. Janeiro

Patricia A. Janeiro naceu en Santiago de Compostela en 1978. Como lle prometeran o primeiro ano de carreira, a súa formación como filóloga abriulle moitas portas. Foi informadora turística, camareira, recepcionista, operadora de emerxencias, tradutora, dependenta nunha tenda de jacuzzis... De todos os traballos que tivo, quedou co de profesora de inglés, e agora dá clase no ensino público.

A súa obsesión pola televisión americana desembocou nalgúns artigos e un blog, Serióloga, que moi de cando en vez actualiza. Colabora en medios galegos como o xornal Novas da Galiza, no que coordinou a sección de creación literaria, e a revista Luzes. Como narradora ten cinco novelas publicadas. A última, Rueiro da cidade escura, saíu do prelo en decembro de 2019 da man de Edicións Positivas.

Ver sus artículos