Galicia Opinión y blogs

Sobre este blog

Protexerse dun tsunami cun paraguas

0

1. Momento 1914. Desaparecido o conflito entre sistemas sociais, imponse a lóxica imperial. Cada potencia busca estender a súa área de influencia. Estamos nun momento de recomposición do poder mundial e ninguén sabe como pode evolucionar a situación. Os avisos sucédense. Oxalá que o peor non suceda, pero o certo é que o perigo aumenta. Abonda con ler a prensa. Rusia ameaza co conflito nuclear se se traspasan certas liñas vermellas na guerra da Ucraína. Alemania e outros países postulan volver ao servizo militar obligatorio. O gasto militar alcanza máximos no mundo por noveno ano consecutivo. Entre a Ucraína, a masacre de Gaza e Taiwán técese un fío engedellado.

Pouco a pouco a idea da guerra se normaliza, sen que aparezan protestas pacifistas. O feito de que as xeracións vivas perderan a memoria dos desastres da guerra seguramente ten un papel. Ao tempo a cultura popular normalizou dende hai tempo a idea da apocalipse: quizáis todos crean que se trata de ficcións na pantalla -unha serie máis de Netflix- que non poden alcanzar a propia vida. Oxalá non teñamos que ver aos propios fillos ir á guerra.

Recomposición do poder mundial. Segundo un informe do Real Instituto Elcano, “os números mostran que a multipolaridade é un feito. En 1990, o G7 poseía o 67% do PIB mundial, pero na actualidade non chega ao 40%. En 1990, China supoñía o 1,6% do PIB mundial, mentras que a porcentaxe ascende agora ao 18%. O equilibrio militar tamén cambiou. Mientras que o G7 acaparaba aproximadamente o 70% do gasto militar do planeta hai 30 anos, en 2022 esa porcentaxe caera máis ou menos ata o 50%, segundo o Instituto Internacional de Investigacións para a Paz de Estocolmo”.

Evidentemente, como o informe sinala, “a transición de actuar como lexisladores exclusivos a ser cocreadores das normas internacionais será complicada”. Pero esa transición parece inevitable: nos últimos vinte anos a cota da Unión Europea no PIB mundial rediuciuse case á metade. O FMI calcula que a Unión Europea só representará o 17,41% da riqueza mundial este ano, fronte ao 30,96% de 2004, marcado pola ampliación a 10 novos países.

2. Podemos protexernos dun tsunami cun paraugas? Do punto de vista cultural e político as últimas décadas viron a extensión da extrema dereita. Hai unha correlación entre os cambios xeopolíticos e a evolución de cada sociedade particular, dado que vivimos nun sistema-mundo. Ao tempo, é posible que os media&internet nos fixeran máis estúpidos e infantís. A opinión pública está anestesiada ou entregada a X, Instagram e outras redes sociais. Sexa como sexa, hoxe por hoxe non se ve como pode deterse esa marea. Podería un multilateralismo civilizado contribuír?

Dise que as sociedades están polarizadas, pero son só as ideas de dereita as que monopolizan a conversa pública en case calquera lugar do planeta. Dun polo de esquerdas hai tempo que ninguén sabe. De Rusia a Buenos Aires a Madrid: todos á dereita. O retorno de Rusia, dunha Arxentina que só existe na cabeza de Milei. Por descontado, Make America great again. Por todas partes a mesma canción.

Agora estamos vendo no oeste de Europa como certa dereita sucumbe á lóxica extremista, o que fai que moitos suspiren por unha dereita civilizada. Non é o mesmo que no período de entreguerras, que contemplou o ascenso do fascismo, e deu lugar á Segunda Guerra Mundial, pero sería insensato descoñecer os paralelismos e os avisos.

A onda expansiva da extrema dereita forma parte dun ciclo histórico no que a mentalidade democrático-liberal retrocede. O máis común é o conformismo e o uso de tópicos. Pero quen repite lugares comúns, frecuentemente tomados dos medios, non pensa. E pensar, cando os móbiles e as redes nos abducen, é cada vez máis unha misión imposible. Vivimos na era da simplificación, na que a complexidade e a intelixencia se perseguen como inimigos públicos.

Hai uns días morreu Jürgen Moltmann, o teólogo cristián que poñía a esperanza no centro. Como Ernst Bloch pensaba que sen esperanza o tempo histórico péchase e o futuro queda cancelado. Tal vez esta é a gran cuestión do noso tempo: a cancelación do futuro. O clima de medo está hoxe tan estendido que afoga e crea un ambiente depresivo. As sociedades, paso a paso, se embrutecen e fanse máis bestas. Como o expresa Byung Chul-Han: “O egoísmo e o odio erosionan a solidariedade, a amizade e a empatía. O medo e o resentimento empuxan á xente ao populismo de dereitas”.

Tal vez a esperanza é coma un tentetieso. Ese bonecos que, por moito que sexan golpeados e bambeen, sempre volven poñerse en pé. Tal vez o noso tempo non é máis que “un mal humor de Deus, un deses malos días” (Franz Kafka).