Galicia Opinión y blogs

Sobre este blog

Quen precisa Muface?

5 de marzo de 2023 06:00 h

0

Entre as varias necesidades de reforma administrativa e institucional do Estado que están pendentes, unha da que nunca se fala é a da eliminación de Muface. Opinamos que constitúe un vestixio ou residuo do pasado que está superado pola propria conformación doutras institucións estatais, adecuadas para cobrir o papel declarado de Muface. A “Mutualidad de Funcionarios de la Administración Civil del Estado” é, como o seu nome indica, unha mutualidade especial para os funcionarios civís do Estado. Xuntamente con ela creáronse no rexime franquista Isfas (“Instituto Social de las Fuerzas Armadas”) e Mugeju (“Mutualidad General Judicial”). Son tres mutuas en orixe, hoxe funcionando como reximes especiais da Seguridade Social. Como reximes especiais, funcionan con normas proprias, teñen orzamentos individualizados do xeral, contemplan un cadro de prestacións distinto do xeral e inciden no mercado existente das distintas prestacións sociais e sanitarias tamén de maneira distinta da do Rexime xeral da Seguridade Social.

O corpo de funcionarios civís do Estado, desde a posta en marcha da Constitución aprobada en 1978 e da conformación do Estado das autonomías, é hoxe unha pequena parte do corpo de funcionarios da administración total do persoal ao servizo das Administracións públicas, non alcanza o 20% do total (segundo o último Boletín estadístico de funcionarios del estado, 2021 o 18,91%). Son 513.889 funcionarios con obriga legal de pertencer a Muface. No caso de membros de corpo das Forzas Armadas, son 263.009, coa mesma obriga legal de se inscreber en Isfas e, finalmente, o número de traballadores funcionarios da Xustiza son 24.111, igualmente afiliados a Mugemu. Pola contra, o número de funcionarios que traballan como persoal ao servizo das administracións públicas das Autonomías é de 1.611.697, que representan o 59,1% do total dos empregados públicos (os restantes son das administracións locais: concellos, deputacións e entidades locais menores, 592.152).

E agora aparece o primeiro elo da contradición: os funcionarios que conforman o corpo de administración nas comunidades autónomas non pertencen a Muface (salvo casos excepcionais contemplados na lei mais de importancia non significativa). É dicer, a maior parte do corpo de traballadores ao servizo das administracións públicas cotizan no Réxime Xeral da Seguridade Social, teñen as mesmas prestacións que os traballadores restantes deste réxime e son suxeitos das mesmas obrigas. Que ten de diferente Muface? Cal é a explicación que - aparentemente- xustifique a súa existencia?

O feito de ser unha mutua independente tiña conseguido no último terzo de século pasado unha percepción social entre os funcionarios de ser mecanismo compensador -e por tanto contido de certos privilexios- na prestación social e sanitaria. No momento en que a sanidade pública non era universal nen contiña as prestacións e calidade que ten hoxe, ter dereito á escolla de médico na sanidade privada con sensación de acceso inmediato e de prestacións en condicións non masificadas, podía ser entendido como unha parte do salario, en especie, neste caso. Ademais, existían outras prestacións sociais hoxe desaparecidas que semellaban pertencer a unha mutua de elevada categoría: bolsas para os fillos de mutualistas e para orfos, residencias para mutualistas, empréstimos cofinanciados para vivenda, pensión de xubilación complementar, prestacións ortopédicas, oculares, dentarias... Desta restra quedan hoxe as tres últimas nunhas cantidades aportadas que non cobren nen o 10% do custo de mercado dos tratamentos ou próteses.

O fulcral da existencia de Muface é a pervivencia de prestacións sanitarias para os mutualistas na sanidade privada. E cremos que aí reside o nó explicativo da non desaparición ou amortización deste rexime especial. Aos mutualistas de Muface, ao ingresaren, dánselles dúas opcións de asistencia sanitaria: unha na sanidade pública, en cada caso no servizo autonómico que corresponda, e outra na sanidade privada que ten concertada a mutua con convenio: neste momento con tres entidades (poden ir cambiando cada período dependendo dos acordos): Asisa, DKV e Adeslas-SegurCaixa, que ingresarán no período de concerto presente, 2022-2024, 3.521 millóns de euros, cunha prima subscrita que supuxo (aumento histórico) un 10% máis que o anterior.

Muface ten neste momento 1.038.253 mutualistas (entre funcionarios activos e xubilados) e 461.198 beneficiarios. Dispón dun orzamento de 1.813,74 millóns de euros e conta cun cadro de persoal de 765 traballadores. O número de cotizantes, mutualistas en activo, son aproximadamente a metade dese número de mutualistas, é dicer, pouco máis de 500.000 que cotizan nese réxime especial, máis barato que o xeral da Seguridade Social; máis barato por dúas partes, pola achega dos mutualistas e pola parte da empresa que é o proprio Estado. E desta especie de trampa no solitario, o Estado destina a pagar a empresas privadas de sanidade máis de 1.170 millóns de euros ano.

As tres empresas do concerto son ben coñecidas no mundo empresarial da sanidade, pero máis interesante que a súa fisonomía é examinar a súa conduta ou modus operandi cos mutualistas e tratar de descobrir cal é a xustificación do ben social derivado da existencia de Muface e das súas prestacións.

Unha elevada proporción de mutualistas activos, xubilados e máis beneficiarios viven en Madrid. De feito, dos 514.514 funcionarios civís do Estado, son residentes na capital o 30%, segundo as cifras da estatística oficial. Visto que cando se creou a prestación sanitaria non existía o desenvolvemento actual da medicina e a esperanza de vida media dun funcionario era 20 anos menor que hoxe, a asistencia de facultativos de familia e especialistas, non pasaba de se realizar con actos médicos ambulatorios. Todos contentos. O funcionario tiña un painel amplo de médicos ao seu dispor, as operacións requeridas eran abordábeis e tamén se asumía que, tendo diñeiro, mesmo se podía pagar por lograr mellor asistencia. Non obstante, produciuse unha gran muda: aos funcionarios réstalles, por termo medio, 20 anos de vida pos-xubilación, e, ademais, poden facer incorrer en grandes gastos de tratamentos moi complexos ás entidades privadas titulares da asistencia sanitaria.

A vía de solución non foi ir amortizando paso a paso Muface e ir incorporando os novos empregados civís ao Réxime Xeral da Seguridade social con asistencia na sanidade pública, senón manter a asistencia coberta con entidades privadas que van logrando sobreviver, malviver, mal asistir ou ter o concerto como álibi para outro negocio. Só desta forma é explicábel o trasfego que se produce cada ano desde as compañías privadas á seguridade social por necesidade de asistencia de calidade. Non hai probas escritas, mais hainas factuais na maneira de “orientar” o cambio. Na privada asisten aos funcionarios con normalidade mentres non hai graves problemas, e unha vez constatados (por exemplo, unha doenza oncolóxica) aconsellan ao paciente -en estado de necesidade non se recorre á lei- que se mude á Seguridade Social. Desta forma, declinan de facto a súa responsabilidade de asistir -mesmo pagando á Seguridade Social- ao doente: se este acorda voluntariamente se mudar, a empresa sanitaria privada non asume os gastos, e si o Estado, co agravante de se tratar de alguén que non cotizou como o resto do persoal.

Este é o dobre xogo tramposo que o Estado se fai a si mesmo en único beneficio de proporcionar clientes cómodos á medicina privada. As consecuencias inmediatas e a medio prazo son eludir na sanidade pública os investimentos precisos para a asistencia desta bolsa de usuarios, e tamén seguir mantendo organismos xa caducos, nunha especie de política asistencial bicéfala e non funcional.