Has elegido la edición de . Verás las noticias de esta portada en el módulo de ediciones locales de la home de elDiario.es.

O debate da TVG: unha catástrofe para Rueda e o PP

Alfonso Rueda, con los moderadores del debate

2

Vale, non lle creades ao CIS. Pero non é só o CIS o que advirte da posibilidade de cambio en Galicia. Gorxa Profunda afirma que o propio PP non o descarta. Están preocupados. E si, o PP pode perder Galicia. Repito: o PP pode perder Galicia. Por iso este debate amañado –a CRTVG ten un morro que-se-lo-pisa-, orquestrado á medida de Rueda por unha TVG que cada vez ten menos vergonza tiña tanta importancia. Cada voto importa.

O plan é que os catro grupos progresistas se enguelledaran entre sí e lle deixaran a Rueda, colocado no centro, o aceno presidencial. Non cairon nesa trampa. Lonxe de converterse nun busto de César, cheo de elevada dignidade, Rueda levou un chorreo permanente. Non daba feito, e tal vez non daba crédito. Creo que vai rodar algunha cabeza hoxe. Todo o que non se escoita nunca en TVG escoitouse onte. A TVG pasouse de lista e saíulle fatal. Un desastre absoluto. Ana Pontón fala, en efecto, como unha Presidenta, Besteiro fixo o seu papel con oficio, e Marta Lois e Isabel Faraldo foron eficaces. En realidade, en conxunto, as mulleres brillaron máis. Estiveron pletóricas. Tamén iso é un índice de cambio social.

Despois dunha catástrofe desta magnitude tal vez Rueda se decida a acudir ao debate de TVE. Ou non. A repetición dunha debacle así pode transformarse nunha hecatombe electoral. En definitiva. Ata agora os electores daban por descontado que o PP ía gañar. Pero a campaña electoral está movendo os marcos. Unha campaña electoral está constituída pola suma do partido, o candidato e a mensaxe. Pois ben, dos tres elementos, dous, o candidato e a mensaxe, estánlle fallando ao PP.

Que Rueda é un mal candidato, orfo de carisma, sábeo ata o apuntador e o debate confirmouno. Os medios afíns intentan converter ao robot nun ser humano impuntual, pero non é fácil. Ademais, o que ten que defender é impresentable: os últimos quince anos foron inanes. Os empresarios sábeno. Pero non se equivoquen: non se trata só del, a mensaxe do PP, comandado por Feijóo é penosa. Unha metedura de pata. Unha cagada, me temo. Un erro estratéxico. Nun país onde case dous millóns de galegos viven en concellos gobernados por unha coalición e no que a opción de goberno preferida polos electores é a dun goberno de coalición progresista, vailles dar medo esa coalición gobernando a Xunta?.

Feijóo está tan super contento consigo mesmo que non parece ser consciente de que non está dando mitíns no Barrio de Salamanca nin en Chamberí. Converter as elección galegas nun test sobre o sanchismo e a amnistía é vivir en Babia. Xa se sabe que o PP de Galicia pasou a mellor vida pero non cambiar nin modular as mensaxes para a sensibilidade local non ten un pase. Que se saiba, en Galicia aos votantes indecisos non os o vai mover Puigdemont (Ostras! Parezo Jiménez Losantos dando consellos ao PP). Que lle pasa ao PP? Xa non le enquisas? Xa non coñece nin á súa propia xente?

Etiquetas
stats