Este blog es el espacio de opinión y reflexión de elDiario.es en Galicia.
Coma sempre, o de sempre?
O PP tiña motivos dabondo para andar moi preocupado coas eleccións galegas ata este mes de marzo. Malia o tirón de Feijóo e o férreo control mediático da Xunta, os atisbos non eran nada bos e os resultados de todos os procesos electorais do ano pasado tiñan consolidada unha maioría progresista que podía acabar con 33 anos de goberno dos conservadores.
As forzas de esquerda gañaron con claridade catro veces en seis meses: nas dúas eleccións xerais; nas europeas e nas municipais conquerindo entre 750.000 votos nas locais e 850.000 nas xerais de abril, uns comicios nos que, por primeira vez en democracia, o PSOE foi primeira forza. A suma do PP, Ciudadanos e Vox non superou en ningunha de estas citas os 720.000 votos e Feijóo gañou por maioría fai 4 anos con menos de 700.000. O cambio era factible.
Extrapolar os resultados dunhas eleccións a outras ten moitos riscos porque os cidadáns votan con criterios distintos e os candidatos non teñen nada que ver. Agora o cartel único e omnipresente do PP é o de Feijóo e non o de Casado e nos do PSOE non aparece Sánchez, senón Gonzalo Caballero. Tampouco son o mesmo Pablo Iglesias e Antón Gómez-Reino.
Ata que estoupou a pandemia mesmo parecía que a posta en marcha do goberno de coalición en Madrid podería impulsar as opcións dunha Xunta de esquerdas ante un proxecto esgotado do PP e un Feijóo sempre cheo de dúbidas na plataforma do expreso a Madrid.
O presidente galego foi moi hábil durante a xestión da crise e nas enquisas esvaeceuse por completo a posibilidade dunha maioría alternativa. A esquerda galega voltou a entrar nun dos seus habituais períodos de desánimo e depresión como se a vitoria do PP fose una maldición divina e non o resultado das urnas. A dividida e cainita esquerda galega escomenzou cedo a afiar os coitelos.
No PSdeG-PSOE xa lle están movendo a cadeira a Gonzalo Caballero que sen dúbida, non está a facer unha grande campaña, mais segue a fronte en Galicia dun proxecto que o ano pasado conqueriu o respaldo de máis de medio millón de galegos. No BNG fálase do excesivo protagonismo da candidata e da cuestionable alianza con Bildu, pero non debería esquecerse que Ana Pontón ten resucitado ao nacionalismo galego en catro anos. E no espazo de Podemos e as Mareas, todo foi un esperpento e loxicamente botan de menos a Yolanda Díaz, pero deberían ser conscientes de que talvez sexa a derradeira oportunidade que teñen para chegar o goberno.
Así as cousas, se, como di o grande Xosé Manuel Pereiro, o domingo gaña de novo en Galicia ese partido que non se presenta as eleccións porque non aparece na propaganda, será en boa medida porque as tres formacións de esquerda non souberon armar un proxecto ilusionante para mobilizar a todos os que o ano pasado si apostaron polas forzas progresistas. Os votantes están aí, non fuxiron, pero hai que darlles razóns para que non queden na casa.
Quédanlles 48 horas para convencelos de que se van votar, non ten por qué gañar “coma sempre, o de sempre”, como nos dixo durante 28 anos o mítico “speaker” de Balaídos Antón López cando o Celta saltaba ao campo.