Has elegido la edición de . Verás las noticias de esta portada en el módulo de ediciones locales de la home de elDiario.es.
La portada de mañana
Acceder
Aldama zarandea al PSOE a las puertas de su congreso más descafeinado
Corazonadas en la consulta: “Ves entrar a un paciente y sabes si está bien o mal”
OPINIÓN | Días de ruido y furia, por Enric González

Un dos tradutores de Astérix ao galego gaña o Premio Nacional á Obra dun Tradutor

El traductor gallego  Xavier Senín

elDiario.es Galicia

11 de noviembre de 2020 19:23 h

0

O Ministerio de Cultura outorgoulle a Xavier Senín (Pontecesures, 1949) o Premio Nacional ao Traballo dun Tradutor. Senín é un dos responsábeis das versións en galego dos álbums de Astérix. A súa obra enfrontouno tamén con obras de Georges Sand, Alphonse Daudet, Pierre Loti ou Yasmina Reza, que verteu ao galego.

O galardón, dotado con 20.000 euros, recoñece así “unha longa traxectoria baseada en obras de gran variedade temática e tipolóxica”. Literatura infantil de todas as épocas, novela clásica francesa ou historias populares como as dos irmáns Grimm publicáronse, grazas ao seu traballo, en galego.

“As súas traducións destacan pola súa calidade e minuciosidade, nas que mostra un raro coñecemento das variedades diatópicas, diastráticas e diafásicas do galego”, indica o fallo do xurado. Senín traduce a miúdo con Isabel Soto. Deste traballo conxunto saíron obras de Daniel Pennac, Raymond Roussel ou nove cómics de Asterix. En 1990 foi ademais unha das seis persoas que pasaron o Quixote ao galego.

Senín é o terceiro galego distinguido este ano cun Premio Nacional do Ministerio de Cultura. Antes fórono Olga Novo co de Poesía e Alba Cid co Miguel Hernández de Poesía Moza.

Etiquetas
stats